miércoles, 18 de junio de 2008
RAUCHA ENTREGA UN DONATIVO Á ONG C AMPOS, CAMBRE POBO SOLIDARIO
lunes, 2 de junio de 2008
miércoles, 14 de mayo de 2008
CATÁLOGO DE PRODUTOS RAUCHA
1. Galletas Mariñeiras§ Galletas de alta calidade, elaboradas artesanalmente, sen aditivos nin colorantes, con lecitina de soia que facilita a eliminación de colesterol e mellora o rendemento intelectual. Estas galletas crocantes son moi dixestivas e recomendables para nenos, maiores ou persoas con problemas de acidez de estómago.
§ Ideais para o almorzo (con mel, marmelada, queixo,...), para preparar calquera tipo de canapés ou para picar a calquera hora.
§ Conservación: máis de 5 meses no envase e máis de 1 mes co envase aberto.
§ Tamén chamadas pan mariñeiro, pan de barco ou biscoito de barco, foi a solución para o abastecemento dos grandes buques dende o século XV para conservar o pan, nas longas travesías, sen aditivos nin conservantes. Chegando a América do Sur nas diferentes expedicións mariñas, onde se introduciron na dieta habitual da poboación de moitos países baixo o nome de galletas "mariñeiras".
§ Paquetes de 250 g
§ Prezo: 2 €
§ Referencia: 1

2. Torta de Millo de Guitiriz
§ Produto gastronómico que, xunto coas augas medicinais do seu balneario, deu renome ao pobo de Guitiriz (Lugo).
§ Á súa orixe remóntase a finais do século XIX e dende entón o seu gran éxito fixo que pouco a pouco fose crecendo a súa produción e distribución.
§ Todos repiten cando a proban. Esta exquisita torta elabórase cos seguintes ingredientes: fariña de millo, manteiga, ovos, azucre e limón.
§ Peso: 650 grs.
§ Prezo: 6 €
§ Referencia: 2
3. Torta de Santiago
§ É dos doces máis típicos de toda a repostaría galega, feito dun fabuloso biscoito de améndoas que se presenta baixo a forma da cruz de Santiago.
§ É a sobremesa máis típica de Santiago de Compostela. Hai constancia sobre a elaboración desta torta e o seu consumo en manuscritos que datan do ano 1.577.
§ Peso: 750 grs.
§ Prezo: 6 €
§ Referencia: 3
4. Mel§ Produto elaborado a partir de flora autóctona e silvestre sen utilización de ningún produto químico. Este mel non foi quentado en ningún momento para preservar mellor todas as súas propiedades.
§ Ideal para acompañar iogur, queixo fresco e infusións.
§ Tamén como ingrediente na elaboración de numerosas sobremesas.
§ Envase de cristal de ½ kg.
§ Prezo: 4 €
§ Referencia: 4
5. Algas: Espaguetis de mar
§ Himanthalia elongata: é unha bela e peculiar alga atlántica en forma de fita. Ten un delicado sabor a mar e as súas fitas son carnosas e tenras. Como a maioría das algas mariñas é rica en proteínas, fibra, vitaminas e minerais.
§ Polo seu sabor, forma e consistencia é unha das algas mariñas que máis aplicacións gastronómicas ten. É excelente por si mesma ao natural, ou aderezada con allos tenros. Pode ser empregada tamén en guarnicións de pratos de peixe ou como un novo e atractivo ingrediente na preparación de sopas e diversos entrantes como rebozados, revolvidos, canapés, etc.
· O produto deshidratado pódese engadir directamente nas augas de cocción ou hidratalo previamente uns 10 minutos en auga cun pouco de sal para que recupere o seu estado natural.
§ En calquera caso o seu tempo de cocción non debe superar os 10 minutos.
§ Peso: 25 gramos. As algas deshidratadas aumentan moito de volume cando se hidratan: 5 g. de alga seca equivale a 50 g. de alga hidratada.
§ Prezo: 2 €
§ Referencia: 5
6. Grelos
§ Todo aquel que teña contacto con Galicia, coñece o espléndido sabor e a peculiar textura desta marabilla gastronómica.
§ Os grelos son os brotes tenros das follas do nabo que aparecen na planta xusto antes da súa floración.
§ Aliado na cociña, brindaranos a súa perfecta compañía en revolvidos, en caldos, en carnes e como non, no cocido ou no máis viaxeiro dos pratos galegos: "O Lacón con Grelos".
§ Preséntase en envase de lata de 410 grs. ou en envase de cristal de 350 grs.
§ Listo sempre na despensa.
§ Referencias: 6-A (envase lata) / 6-B (envase cristal)
§ Prezo: 2 € (envase lata)/ 2,50 € (envase cristal)
7. Colgantes de Sargadelos
§ Orixinais colgantes de Sargadelos realizados en porcelana dura. Os decorados están aplicados baixo cuberta polo que son indelebles a todo tipo de agresión física ou química.
§ O deseño dos decorados responde en gran parte a interpretacións dos diferentes estilos artísticos, cultos e populares, producidos en Galicia ao longo da historia.
§ O complexo industrial de Cerámicas do Castro iniciou as súas actividades en 1949 e as súas instalacións atópanse en O Castro de Samoedo (Sada-A Coruña)
§ Prezo: 9 €
8. Pendentes Trisquel
§ Pendentes feitos en prata con forma de trisquel.
§ Diámetro: 0,9 cm.
§ Símbolo celta con tres espirais en movemento. Representan tres manifestacións de Deus. Na cultura celta, os Druídas eran os únicos que podían portar este símbolo sagrado.
§ Prezo: 8,50 €
§ Referencia: 9
9. Chapas galegas

§ BOINA
§ GRELOS
§ RAPA
§ TOXO POWER
§ PEMENTO
§ ROSALIA
§ FANECA BRAVA
§ FALO
§ Prezo: 1,50 €/unidad
§ Referencia: 10
10. Chaveiros galegos
§ Fabada
§ Pemento
§ Osborne
§ Faneca
§ Percebe
§ Toxo power
§ Rapa
§ Rosalía
§ Prezo: 2,50 €
§ Referencia: 11































